Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas lamentan que a Xunta “nin se propoña” crear unha escola de formación maritimo-pesqueira na Mariña

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 18. A deputada socialista Patricia Otero lamentou esta mañá que a Xunta de Galicia “nin se propoña” a creación dunha escola de formación no ámbito marítimo-pesqueiro na Comarca da Mariña a pesares do déficit de formación en cursos obrigatorios para poder saír a faenar. Así o dixo nunha pregunta oral da Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo
 
Otero destacou a importancia deste sector na zona da Mariña, ao que se lle vinculan 6000 postos de traballos e no que so as lonxas moven 127 millóns de euros. Dentro desta flota destacan as embarcacións de gran tonelaxe que faenan en alta mar e que por tanto precisan de formación específica para poder realizar correctamente a súa actividade produtiva.
 
A representante socialista expuxo a “penosa situación” da zona, a cal “carece de centros que impartan algunha das FP da familia Marítimo-Pesqueira nin se está a impartir na actualidade ningún certificado de Profesionalidade do sector , sen esquecer a desaparición dos cursos anteriormente ofertados pola Delegación de Pesca de Celeiro, a infrautilización do centro Vicente Gradaílle”.
 
Continuou denunciando a “situación de abandono” a que o Goberno da Xunta ten abocada a Provincia de Lugo “leva a que os mariñeiros que precisan desta formación teñan que viaxar a Coruña, Pontevedra ou incluso a outras comunidades en busca dunha formación necesaria para poder realizar o seu traballo”.

Exit mobile version