Se ben no concello de Burela está pechada a inscripción por atoparse as prazas esgotadas, segue a estar aberta a inscripción no Concello de Foz onde aínda non se completou na súa totalidade o aforo dispoñible. Os interesados deberán poñerse en contacto co Concello no 981 14 00 27 ou ben a través do enderezo de correo electrónico obradoiroscocinamarinaortegal@gmail.com
O lugar elixido para o obradoiro de Burela é o local social das Amas de Casa “Praia da Marosa”, Rúa do Río, 9. No tocante ao Concello de Foz, será no local social da AA.VV. Torques de Marzán.
Ao igual que nos oito concellos que acolleron con anterioridade os talleres de corte, desespiñado e cociñado de peixes e mariscos, o interése que está a espertar a acción, encamiñada a incentivar o consumo destes productos do mar, supera amplamente as expectativas. O mesmo se pode dicir do nível de satisfacción dos participantes, ata o punto de que plantexan a continuidade dos talleres con máis especies.