Site icon Crónica3.com A Mariña

Obras na estrada vella de Celeiro

O luns 26 e o martes 27 de novembro de 2018, a Xunta de Galicia vai aglomerar a estrada vella de Celeiro, dende o inicio da rúa Benito Galcerán ata os últimos edificios de San Lázaro. Por esta razón, non se poderá aparcar durante estes días no tramo citado, aínda que si haberá un carril aberto para a circulación de automóbiles.
Dende o Concello de Viveiro pídense disculpas polas molestias que estas obras puideran ocasionar, indicando que poden consultar calquera dúbida ao respecto coa Policía Local.

Exit mobile version