Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Burela presentará unha moción pedindo mellorar a prevención, diagnóstico e tratamento da endometriose

Burela, a 20 de novembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela anuncia que presentará ao vindeiro Pleno unha moción sobre a endometriose, unha enfermidade que afecta a mulleres que padecen graves problemas durante a convivencia con esta enfermidade de difícil tratamento.
Os populares consideran que “as distintas administracións con competencias nesta materia poden aportar distintas iniciativas para o desenvolvemento de medidas de prevención. Nese sentido, o Concello pode poñer da súa parte por ser a administración máis próxima aos cidadáns”.
Pola súa banda, entenden dende o PP local que “as outras administración en materia sanitaria deben ir pouco a pouco en función da dispoñibilidade de recursos”. Pero recordan a necesidade de “mellorar o diagnóstico desta enfermidade e o tratamento para aquelas mulleres que a sofren”.
Neste sentido, dende o Grupo Municipal Popular agardan que “os restantes grupos políticos da Corporación apoien esta moción porque somos conscientes da sensibilidade existente en relación á materia sanitaria”.

Exit mobile version