
Con saída no Portiño de Portocelo, percorreron parte da senda costeira de Xove, pasando por San Tirso, os miradoiros do Monte Castelo, o faro Roncadoiro, a praia de Coido, o Antemil e punta da Mansa, para voltar a Portocelo por pistas do interior. Nunha Ruta de 10,5 km. seguindo parte da costa de Xove, contemplando unha paraxe costeira espectacular, e nunha xornada ideal para a práctica do sendeirismo. Na ruta participaron un total 82 camiñantes entre eles o alcalde de Xove. Ó final da andaina, celebrouse a comida de fin de tempada no Centro Social de Palmeiro ( A Rigueira).