Site icon Crónica3.com A Mariña

O curso sobre baterías para vehículos eléctricos suscitou moito interés en Ribadeo. foi organizado por Apaga e enmárcase nas súas fins de semanas tecnóloxicas

Ribadeo, 11 de novembro de 2018. As instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo, acolleron unha nova fin de semana tecnolóxica da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia. A cita tivo lugar na xornada de onte e na mesma falouse das baterías para vehículos eléctricos. O curso foi impartido por Álvaro Sauras, enxeñeiro e tamén é xornalista da revista Auto Fácil.
Homologación por parte da Consellería de Educación
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, amosouse satisfeito polo éxito desta convocatoria e referiuse aos cursos a desenvolver o vindeiro ano: “estivemos fai uns días na Dirección Xeral de FP e a partir de xaneiro, se as cousas van ben e non hai ningún cambio de última hora, todas as actividades que organiza APAGA se van homologar pola Consellería de Educación. Entón imos adaptarnos ao perfil de esquema de formación, aínda que vai ser igual, oito horas de mañá e de tarde, e cursos moi específicos. Pero imos presentar estes días a solicitude pertinente e todo o mundo tería a súa certificación, especialmente o profesorado que é quen o necesita para concursos de traslados, sexenios e todo iso”.
O presidente de APAGA declarou hai uns días que “hai apoio e boa disposición pola Consellería de Educación para colaborar coas iniciativas de APAGA, tanto nos cursos de fin de semana como no fórum e a semana da Formación Profesional. É dicir que se abre unha nova etapa de colaboración que pensamos positiva principalmente para a formación profesional”.
E lembrou que “levamos traballando no tema bastante tempo. Estivo colaborando con nós o deputado Daniel Vega, que estivo sempre pendente de resolver esta situación. Agora dáse un novo paso importante tamén para outro tipo de actividades de colaboración que creo que son boas para a FP, para a comarca e para darlle un impulso novamente a todo o que facemos ao longo do curso”.

Exit mobile version