O rexedor focense subliñou que é “unha obra moi demandada e moi necesaria para a asociación protectora de animais de Foz, como vimos recalcando nos últimos anos. Inicialmente ía financiar a totalidade o Concello de Foz dentro dos orzamentos, pero como non foron aprobados no seu día polos grupos da oposición o Concello de Foz tivo que buscar outras alternativas. Neste caso atopamos á Deputación, dentro do acordo que hai entre os grupos provinciais dun reparto dunha cantidade de diñeiro a cargo de diferentes convenios”.
Javier Castiñeira engadiu que “agradecemos tanto á Deputación como a todos os grupos que o fixeron posible, neste caso o grupo popular que dentro da súa cota estableceu esta parte do financiamento. A partir de agora trataremos de licitar a obra o antes posible porque a idea é que na primavera poidamos ter xa esta infraestrutura tan necesaria. Polo tanto hoxe é un bo día, un día de noraboa, posto que as instalacións que hai actualmente son totalmente insuficientes. É un paso máis importante en aras do coidado dos animais no noso concello, que unha vez máis volve ser un municipio novidoso neste senso”.