No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, ademais de membros de Mariña Patrimonio e da asociación Fervenza de Sargadelos.
As persoas que se acheguen ata o Concello poderán ver unha selección de 40 pezas – as máis antigas segundo os expertos teñen ata 500.000 anos-; que foron achados casuais, que, ao finalizar a mostra, serán entregadas por Mariña Patrimonio ao Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, para o seu estudo.
O vindeiro venres, 23 de novembro, como actividade complementaria, o director deste Museo, Eduardo Ramil, dará unha charla teórico-práctica ao alumnado do IES Marqués de Sargadelos, que poderán “fabricar” os seus propios útiles.