Viveiro 13-11-18. Presentada unha moción en apoio ás 19 persoas denunciadas por reclamaren a devolución do Pazo de Meirás
Non hai tan só que sacar os restos de Franco do Val dos Caídos, se nón que tamén hai que sacar os restos do franquismo de todos os ámbitos nos que aínda perduran, tal e como acontece co Pazo de Meirás. Un Pazo roubado polos Franco e que agora se lles pide a 19 persoas penas que poden chegar a sumar até 247 anos de cárcere por exixir a devolución do pazo ao pobo galego.
A solidariedade ten que ser imparábel tamén dende os Concellos, reclamar a devolución do roubado polos Franco ao pobo non é máis que unha medida xusta e democrática.