Cervo, 15 de novembro 2018. O BNG continúa realizando actos informativos pola comarca e recollendo sinaturas para enviar á Consellería de Industria diante do incremento brutal da factura da luz en Galiza. Os nacionalistas de Cervo instalaron unha mesa informativa en San Cibrao, donde divulgaron información sobre a situación do sector eléctrico en Galiza, denunciando o espolio da nosa enerxía que están a cometer as grandes compañías eléctricas coa connivencia nos últimos anos dos diferentes gobernos do Estado, tanto do PP coma do Psoe.
Taifa eléctrica galega para que a luz sexa mais barata tanto para particulares coma para as nosas empresas
Para o BNG, urxe que inmediatamente se cree unha tarifa eléctrica para Galiza para que atendendo aos verdadeiros custos de producción, a factura da luz sexa mais barata, tanto para particulares coma para as nosas empresas. Así mesmo, pídese a baixada do IVE na factura da luz, do actual 21% ao 4%, que se eliminen os suplementos territoriais da tarifa eléctrica que tamén encarecen a factura. E solicítase tamén a socialización dos beneficios xerados pola producción eléctrica, nomeadamente a eólica.
Acto informativo en San Cibrao o próximo xoves 22 de novembro
Diego Fernández tamén adiantou que o próximo xoves 22 de novembro, haberá un acto público informativo e aberto a toda a cidadanía, na Casa do Mar en San Cibrao, no que ademais del, participarán tamén Xosé Manuel Golpe, técnico en asesoramento enérxetico e Olalla Rodil, deputada no Parlamento de Galiza.