Burela 12-11-18. o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dixo que non quere entrar en polémicas coa administración galega. O único que lle pide é que se acometan canto antes as obras necesarias no CEIP Virxe do Carme para que o seu alumnado poida acudir ás clases con total seguridade.
O rexedor manifestou que “desde o Concello o que non queremos é andar xogando ao ping pong con ninguén a través da prensa. As cousas xa deberon quedar claras a estas alturas, e o único que pretendemos é saber si a empresa e a Xunta fan o antes posible as obras que corresponde facer para que funcione todo perfectamente, sexa perfectamente garantido que os nenos poidan ir alí como debe ser para un centro escolar, onde haxa seguridade e todos os mecanismos para que todo se desenvolva de forma normalizada. Iso é o que queremos desde o Concello”.
Llano sinalou que “si eles dan os pasos para facer a construción que corresponda é o que queremos, e non queremos andar con polémicas, nin medias polémicas, nin con cousas raras. O que queremos é aportar o máximo posible e que outros aporten o que lles corresponde para que iso sexa unha realidade o antes posible”.