Barreiros 16-11-18. Como cada venres, os xubilados de Barriros déronse cita para seguer reclamandao pensións dignas, coa leitura deste texto.
Bon día, compañeiras e compañeiros. Case estamos rematando o ano, un ano de reivindicacións e mobilizacións no que a base de moito petar e moito berrar imos conseguindo algunha cousa, ainda que lentamente. O acordo de suba das pensións en función do IPC é un dos frutos da nosa loita, pero hai que seguir alerta, porque só con eso non se resolven os nosos problemas.
As loitas son sempre así, non dan os seus frutos no momento, pero sí a medio prazo, pois acordádevos senón do que levamos loitado tamén para que ampliaran o noso Hospital da Costa, que entontes veu visitar o presidente da Xunta. Pois esa ampliación foi polas mobilizacións da xente desta comarca, mobilizacións nas que moitas e moitos de vós participástedes. Agora esa ampliación tén que servir para que albergue servizos, para que non haxa listas de espera nin derivacións a Lugo nin ás clínicas privadas. E eso será a seguinte loita.
Decíamos que estamos rematando o ano polo tanto o goberno tén que elaborar os orzamentos do 2019. Pois ben, o pasado mes de outubro asinábase en Madrid o acordo subscrito polo PSOE e Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea para os orzamentos xerais do Estado en 2019, e no caso das pensións, aínda que contempla para o próximo ano unha suba non ambiciosa (vinculada exclusivamente á suba do IPC) e que por tanto non incrementa o poder adquisitivo d@s pensionistas, non entra nas causas estruturais que fan que Galicia padeza as máis baixas (en ocasións de auténtica miseria) de todo o Estado.
É certo que nese acordo recóllese a derrogación das medidas negativas da reforma de 2013, mais non toca as máis duras do 2011, implementadas precisamente polo goberno do PSOE, que incrementaba a idade de xubilación aos 67 anos, e aumentaba o período mínimo de cotización para acceder á xubilación. Por tanto, as medidas máis nocivas continuarían vixentes, xa que non existe tampouco un calendario de derrogación das reformas laborais máis duras, implementadas no seu día por PP e PSOE.
En días pasados, a Ministra de Traballo e Seguridade Social, Magdalena Valerio, dixo que ía ter que tirar do Fondo de Reserva para pagarnos a extra de decembro, dixo que había un burato de 18 mil millóns de euros, que tiñamos unha das taxas de natalidade mais baixas do mundo e unha das expectativas de vida mais altas do mundo. En definitiva, que fai coma todos os que a precederon, que anda poñendo a venda antes da ferida e quere curarse en saúde e que donde dixeron digo agora dicen diego, polo tanto como non podemos fiarnos de naide temos que seguir dándolle a ver se nos orzamentos do 2019, se chega a habelos, se recollen os puntos da nosa táboa reivindicativa, que son os que xa coñecedes e que volvemos a recordar:
– Derrogación das reformas laborais
– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)
– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.
– Confirmación da actualización anual das pensións en base ao IPC
– Blindaxe do sistema público de pensións
– Pensións dignas e con poder adquisitivo