Neste acto, seguindo o establecido no Regulamento de Honores e Distincións do Concello de Viveiro, faráselle entrega dun diploma ou placa acreditativo da distinción, no que se consignará o nome da interesada e se fará referencia ao acordo municipal da concesión.
Ao acto foron convidados autoridades, persoeiros do ámbito cultural e representantes de numerosas asociacións do municipio. Ademais, dende o concello quérese facer constar que se trata dun acto aberto (ata completar aforo) ao que se convida a todos os veciños e veciñas que queiran asistir e, deste xeito, participar na homenaxe e recoñecemento que Viveiro quere brindar a gran poeta Luz Pozo Garza pola súa traxectoria e especial vinculación con este municipio.