Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’ cunha serie de actos que se desenvolverán o domingo na Praza do Concello

Mondoñedo, 23 de novembro de 2018 . O Concello de Mondoñedo xunto co Centro de Información ás Mulleres da administración local organiza para este domingo 25 de novembro unha serie de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Estas accións desenvolveranse baixo o lema de ‘Mondoñedo di non á violencia de xénero’, entre as 11:30 e as 13:30 horas, na Praza do Concello.
Ás 11.:0 horas habilitarase un punto de información na Praza do Concello e procederase ademais a un reparto de lazos morados entre os veciños, para entre todos facer público un total rexeitamento a esta lacra social.
Xa as 12:30 horas, unha representación das primeiras mulleres alumnas do IES San Rosendo, lerán un manifesto en contra da violencia de xénero. Cabe recordar que o Instituto de Educación Secundaria San Rosendo celebra neste 2018 os 50 anos do ingreso de estudantes femininas no centro.
Tras a lectura do manifesto seguirá unha concentración silenciosa e unha solta de globos en memoria de cada unha das vítimas. O peche do punto de información será as 13:30 horas.
Ademais, durante este mes e máis o de decembro, no CEIP Álvaro Cunqueiro Mora e no IES San Rosendo desenvolveranse actividades complementarias.
A través destes actos, O Concello de Mondoñedo sensibiliza sobre a importancia da educación no respecto e na igualdade entre homes e mulleres e conciencia sobre a necesidade de amosar o rexeitamento público ante a violencia de xénero.

Exit mobile version