Ribadeo, 17.11.18. O colectivo MODEPEN de Ribadeo quer expresar o seu apoio ao pequeño comercio de Ribadeo, que facemos extensivo a tódolos sectores productivos tradicionais do noso concello e da nosa comarca como son o campo, a pesca, a pequena e mediana industria, as manufacturas, a hostelería etc.
Dende o noso punto de vista todos estes sectores xogan un papel decisivo e son o eixe económico e da vida social e todos eles son interdependentes sen que se poda falar das economías dun colectivo sen ter en conta o evoluir dos demais. Poren os intereses comúns e as alianzas entre todos deben ponerse en primeiro plano, suliñando que os intereses de cada sector son tamén os dos demais.
Polo que atinxe ao colectivo de pensionistas debemos lembrar que mais do 25 % da poboación de Ribadeo somos persoas que superamos os 65 anos (2.500 aproximadamente) pero o número real de xubilados e pensionistas e moito maior e o noso impacto no gasto diario está fora de toda discusión. Como todo o mundo sabe as pensións estiveron conxeladas no 0.25 % ate que se achegaron as últimas eleccións xerais e o goberno de Mariano Rajoy viuse obligado a admitir 1.6 polas presións do PNV, á sua vez fortemente presionado polo movemento de pensionistas no Pais Vasco. Ainda mais o goberno anterior valeirou a caixa de pensións da Seguridade Social pasando dos 65.000 millóns de euros en 2012 a pouco mais de 8.000 a 31 de decembro de 2017. Como todo o mundo sabe os fondos de pensións foron a dar aos bancos, autopistas e bonos do estado de rendibilidade negativa, dándose a circunstancia de que os bancos xa están recuperando as ganacias anteriores á crise pro de devolver os cartos dos pensionstas non abren a boca.
En resumen nonn queremos dar leccións de economía a ninguén, simplemente cunhas pensións conxeladas ou con subas mínimas que axiña absorbe o IPC é imposible que haya consumo e gasto no pequeño comercio e este compórtase como a punta do iceberg que s afunde porque non ten nada debaixo.
Outro dato que queremos lembrar, entre outros moitos que influen nas economías locais é a perda de poboación en tódolos concellos da Mariña lucense e asturiana. Aproximadamente ata 2012 os concellos mais activos (Foz, Ribadeo, Burela, Navia, Viveiro) tiveron pequenos incrementos de poboación a costa de valeirarse os pequenos concellos circundantes que veñen en declive dende hai varias décadas. Agora, dende 2012, tamén os mais grandes están perdendo poboación como consecuecia das baixas taxas de natalidade, o retorno de emigrantes e a fuga dos xóvenes parados. Este é outro dato clave para explicar a baixada do gasto familiar e a crise do pequeno comercio xunto ca competencia das grandes superficies e da compra por internet.
En resumen lembrar, mais unha vez que aquí estamos para colaborar cas pequenas economías locais e que se fai necesario apoiarnos uns aos outros porque os bancos, as multinacionais e o Fondo Monetario Internacional non van vir botarnos unha man como nos sexa ao pescozo. UNION E LOITA XUNTOS E ADIANTE
MODEPEN (Movemento pola defensa das Pensións Públicas)