Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariñaos nas revoltas de 1968

Foz 21-11-18. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves 29 de novembro ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz unha mesa redonda sobre a participación dos mariñaos nas protestas de 1968 en Compostela e París. Ao tempo presentarase un publicación coordinada por Xosé Ramón Ermida Meilán titulada “Galiza 1968. A consciencia avivada” no que se analizan eses feitos.
A mesa redonda contará coa participación de tres mariñáns que participaron nas protestas de 1968 en Compostela e París. Un deles, Luís Gonçales Blasco “Foz”, era un dirixente estudantil compostelán que terá que exiliarse nese ano de 1968 en París. Outra delas, Olga Villarino Rodríguez, natural de Foz e veciña de Barreiros, era unha estudante da Facultade de Ciencias que participou nas protestas composteláns de marzo de 1968. Un terceiro, Adolfo Paz era un emigrante en París que participou nas grandes manifestacións de maio de 1968 en París.

Exit mobile version