Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 3.000 persoas participarán esta fin de semana na IV Feira do Mel da Montaña de Muras

A IV Feira do Mel de Montaña de Muras terá lugar os días 17 e 18 de novembro na praza de Viveiró. Esta cuarta edición contará cun total de 15 expositores, que ademais de mel, porán á venda produtos autóctonos e de tempada, como queixos, castañas, empanadas ou licores. en Muras existe preto dunha trintena de explotacións apícolas con 1.000 colmeas, constituíndo un importante complemento para a gandería da zona. Anualmente, prodúcense entre 700 e 2.000 litros de mel, dependendo das condicións climatolóxicas desa tempada, o que supón un importante complemento económico para as familias.

Exit mobile version