A Mariña, 10 de novembro de 2018. A Casa da Cultura de O Vicedo acolleu esta tarde o oitavo e último dos oito sorteos que a FCAM realizou desde o pasado 22 de setembro. En total foron repartidos 12.000 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados ás oito Acias e Centros Comerciais Abertos que forman parte da Federación de Comercio A Mariña.
Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acia de O Vicedo foron: Remedios Calvo, Concha Timiraos, Juan Pedre, Paulina Vale e Gonzalo Infante. A gañadora dos 200 euros foi Olaya Martínez; os 300 euros foron para Dolores Salgueiro; e a gañadora dos 500 euros en vales de compra foi Lola Armada.
Directivas da Asociación de Comerciantes de O Vicedo foron as encargadas de facer entrega dos premios aos afortunados e afortunadas deste sorteo da Federación de Comercio A Mariña.
Esta importante campaña da FCAM, que deu comezo o pasado 22 de setembro, rematou hoxe. Cada sábado desde entón puxéronse en xogo 1.500 euros en vales de compra nas 8 localidades que contan con Acias e CCAs que forman parte da Federación de Comercio A Mariña: Viveiro, Covas, Burela, Ribadeo, Foz, Lourenzá, Xove e O Vicedo.