Site icon Crónica3.com A Mariña

Fuente Parga supervisou as obras de aglomerado que se realizaron estes días na estrada que une Vilamar con San Xusto

Barreiros, 23 de novembro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, supervisou hoxe as obras de aglomerado que se realizan na estrada que une Vilamar con San Xusto. Hai dous días que comezaron estes traballos e hoxe poderían quedar rematados. O rexedor estivo acompañado pola concelleira Mar Sante.
O alcalde declarou que “na mañá de hoxe visitaba o aglomerado que fai dous días se iniciaba na estrada que vai dende Vilamar a San Xusto. Acompañado da concelleira Mar Sante, de San Xusto, estivemos vendo as obras que se están a realizar e que quedarán rematadas no día de hoxe”.
Alfonso Fuente lembrou que “levamos demandando a mellora desta vía desde o Concello xa hai moito tempo. Xunto coa actuación que fixo a Xunta de Galicia na estrada Reme-Vilamar e esta, que é unha estrada provincial que levamos demandando ante a Deputación que se fixera o seu aglomerado, as vías principais de acceso e saída da zona interior do concello practicamente quedan rematadas, e agora seguimos traballando en mellorar a rede municipal”.
O rexedor anunciou que “se van facer melloras nas outras vías que van rematando nestas para que sexa o mellor posible o acceso a todos os núcleos do interior do concello”.

Exit mobile version