Site icon Crónica3.com A Mariña

Fuente Parga destaca os medios cos que contaron as praias de Barreiros este verán. O rexedor responderá no pleno do vindeiro luns ás críticas realizadas polos nacionalistas nas que cuestionaron o funcionamento dun desfibrilador

Barreiros, 24 de novembro de 2018. O alcalde, Alfonso Fuente, amósase sorprendido tras a última nota de prensa do BNG “baseada no díxome, díxome”. Os nacionalistas emitiron un comunicado que alude a un escrito do Colexio de Enfermería de Lugo no que se cuestiona o funcionamento dun desfibrilador o pasado verán.
O rexedor dixo esta tarde que “despois de ver a nota enviada polo BNG de Barreiros aos medios de comunicación sorpréndeme que un partido político, neste caso o BNG, sexa capaz de facer unha nota de prensa baseada no díxome, díxome”.
Fuente Parga engadiu: “pero como din que preguntarán no pleno, alí é onde contestarei. O que me sorprende é que poñan en dúbida os medios de Barreiros nas súas praias. Eu soamente digo que miren cara a onde goberna o BNG, cántos medios tiñan, e os que temos en Barreiros. Pero contestarei no pleno deste vindeiro luns ás sete e media da tarde”.

Exit mobile version