Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado o auditorio da Casa da Cultura de Cervo acolle a proxección da cinta Casados coa historia dun pobo, gravada nos anos 60

Cervo 5-11-18. Este sábado, ás 19:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura, acolle a proxección da película Casados coa Historia dun Pobo; unha actividade organizada pola delegación de Turismo do Concello de Cervo.

Trátase dun vídeo inédito de San Cibrao que durante 19 minutos nos traslada a unha década da que cada vez quedan menos testemuñas e na que prevalecen recordos como poden ser as rúas de area, o antigo faro, as casas, os vehículos, a roupa de época…

Estamos ante o primeiro vídeo dos anos 60 achegado por unha familia asturiana moi vinculada a San Cibrao que pasa as súas vacacións na vila.

Nesta película remontámonos exactamente ao 17 de setembro de 1961, data na que contraían matrimonio Paco Sampedro (de Ursulina) e Maribel. Con motivo desta celebración desprazáronse ata San Ciprián numerosos convidados dende Oviedo, precisamente foi un destes convidados quen filmou esta película (gravada en formato Super-8) e que non se recuperaría ata hai aproximadamente 10 anos, momento no que Paco Sampedro se atopou por casualidade co convidado, quen lle comentou que tiña esta fermosa reliquia.

O Concello agradece especialmente á familia Sampedro Martín a cesión desta película.

Exit mobile version