Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, estiveron cos rapaces da Fundación Eu Son realizando un taller de cociña

Dado que do 17 ao 25 de novembro se celebra a Semana Europea da Prevención de Residuos “pareceunos unha boa idea organizar un taller de cociña con sobras. De feito elaboramos torrijas con pan duro, unha opción para aproveitar o pan que sobra dun día para outro e que non remate no lixo”, explican as monitoras de Gaia. E engaden que “antigamente os restos de comida nunca se tiraban ao lixo, e había multitude de receitas baseadas en restos. Parécenos moi importante que este costume se volva a instaurar”.

Exit mobile version