Dado que do 17 ao 25 de novembro se celebra a Semana Europea da Prevención de Residuos “pareceunos unha boa idea organizar un taller de cociña con sobras. De feito elaboramos torrijas con pan duro, unha opción para aproveitar o pan que sobra dun día para outro e que non remate no lixo”, explican as monitoras de Gaia. E engaden que “antigamente os restos de comida nunca se tiraban ao lixo, e había multitude de receitas baseadas en restos. Parécenos moi importante que este costume se volva a instaurar”.