Esta terceira fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue mañá, 16 de novembro, co Mago Teto que deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mis en Plas, de Burela; e Kiko e Joge estarán no Rincón do Mis, en Foz. E o sábado, día 17, o Mago Teto estará en Ribadeo no hotel restaurante O Cabazo.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo.
A cita arrincou o pasado 2 de novembro e rematará o 1 de decembro.
O 23 de novembro o Mes da Maxia chegará a Barreiros. A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24 Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo.
O día 30 de novembro en As Sirenas, en Viveiro, estará o Mago Teto; e no Almacén, en Cervo o Mago Rafa; e finalmente o 1 de decembro o Mago Teatro levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. Os restaurantes dispoñen de menús infantís e de diferentes posibilidades gastronómicas para que os máis pequenos e pequenas tamén gocen destas noites de maxia e de ilusión.