Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta fin de semana segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Burela, Ourol e A Pontenova

A Mariña, 7 de novembro de 2018. Esta fin de semana, os días 9 e 10 de novembro, segue o Mes da Maxia en varios locais hostaleiros mariñáns de Burela, San Cibrao, Ourol e A Pontenova.
O 9 de novembro o sétimo Mes da Maxia chegará ao restaurante Buenavista, en Burela, co Mago Kiko; e á Marquesa, tamén en Burela, co Mago Rafa. E o 10 de novembro será a quenda para A Garita, en Ourol, que contará con Kiko e Paredes; e para Casa do Fidalgo, en A Pontenova, onde actuará o Mago Pi.
Nesta sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipaios da Mariña, están a participar os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acollen as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo.
A cita arrincou o pasado 2 de novembro e rematará o 1 de decembro.
A terceira fin de semana de novembro o día 16 o Mago Teto deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mis en Plas, de Burela; e Kiko e Joge estarán no Rincón do Mis, en Foz. O día 17 o Mago Teto estará en Ribadeo no hotel restaurante O Cabazo.
Xa o 23 o Mes da Maxia chegará a Barreiros. A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24 Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo.
O día 30 de novembro en As Sirenas, en Viveiro, estará o Mago Teto; e no Almacén, en Cervo o Mago Rafa; e finalmente o 1 de decembro o Mago Teatro levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo.
Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. A xerente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Tania Hermida, lembra que “os restaurantes dispoñen de menús infantís e de diferentes posibilidades gastronómicas para que os máis pequenos e pequenas tamén gocen destas noites de maxia e de ilusión. O único que teñen que facer os seus pais é consultalo nos locais que se dan cita neste sétimo Mes da Maxia”.

Exit mobile version