Ribadeo 22-11-18. Este mércores quedou constituido o grupo de En Marea de Ribadeo. Participaron unhas vinte persoas con presencia de compañeir@s de Barreiros, Mondoñedo, Foz e Burela. A acta constitucional foi asinada por nove persoas. Este grupo convoca a próxima xuntanza para o mércores 28 de novembro, ás oito e media da tarde no Cantón Bar. As persoas que desexen inscribirse poden consultar a páxina web de En Marea e nela atoparán toda a información que precisen. Clicando en “Quen Somos” poden atoparse tódolos documentos constitutivos e políticos e concretamente o Código Etico e os Principios Básicos que son os que marcan as líneas xerais de actuación do noso grupo. Clicando en “Participa. Medrando” atópanse os pasos para darse de alta no colectivo. Polo demais as xuntanzas de En Marea están abertas a tódalas persoas que desexen participar sen nengún tipo de limitacions.
En Marea en Ribadeo
En Marea en Ribadeo
Relacionado
-
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, úrxelle á Xunta unha solución para a situación da estación de autobuses e do transporte escolar no municipio
-
O PP esixe a PSOE e BNG a adopción de medidas de seguridade viaria na LU-P-0701, que asume todo o tráfico procedente da costa coas obras da A6
-
A Deputación aproba acordos e contratacións para ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza cun investimento de case 2M€