Site icon Crónica3.com A Mariña

Día do Patrimonio en Mondoñedo

Mondoñedo 14-11-18. Organizado pola asociación Batitales xunto co Concello de Mondoñedo, con motivo do Día do Patrimonio Mundial (16 de Novembro), as entidades asociativas da Rede do Patrimonio Cultural súmanse á iniciativa da UNESCO para axudar a poñer en valor o inmenso patrimonio cultural de Galicia, celebrando diversas actividades o longo da fin de semana próxima.
Unha das actividades será a organizada en Mondoñedo por Batitales coa colaboración do Concello de Mondoñedo: Unha visita guiada por expertos A Praza da Catedral o 18 de novembro, con inicio as 17:30h nos soportais da Praza.
Os encargados de guiarnos na visita serán:
Roberto Reigosa Méndez: Historiador da arte e Abel Vigo García: Historiador de Doctor en Arqueoloxía.
A actividade é gratuita aberta para todos o interesados en profundizar no coñecemento da cidade de Mondoñedo, da súa historia, do seu patrimonio.

Exit mobile version