Antía Yáñez gañou con esta novela o premio Illa Nova de narrativa convocada pola editorial Galaxia para promocionar a autores novos. Trátase dunha novela que aborda os malos tratos a través da vida de dúas mulleres afastadas no tempo pero con moitas cousas en común. Contada con gran axilidade e cunha mestura de técnicas narrativas moi interesantes, a novela pon de manifesto o patrón común que está debaixo dos malos tratos ás mulleres ao longo da historia.
Ademáis do premio por esta novela Antía ven de gañar o premio Fina Casalderey para literatura xuvenil de temática feminista coa obra A Reconquista.
O encontro con Antía Yáñez está organizado en colaboración có club de lectura da Pomba do Arco e vaise celebrar na Llibrería Bahía o venres 16 de novembro ás oito e media da tarde.
O sábado día 17 de novembro ás doce da mañá, teremos unha nova sesión de Familias que contan da man de Paloma Díaz e os seus fillos Adrián e Antonio que nos contarán Marcelina en la cocina.