Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG a Mariña confirma a sua asistencia a manifestación convocada por UXT en Sargadelos e chama a todos os traballadores da Mariña a participar

A Mariña 22-11-18. Segundo Moñita: “ O sindicalismo, ademáis de ser un dereito constitucional, foi, é e será unha peza fundamental do desenvolvemento económico de Galicia e do estado español, axudando a obtención dos dereitos dos traballadores , ao desenvolvemento dás empresas e a repartición dá riqueza entre a poboacion. Sen repartición de riqueza non hai futuro e sen dereitos laborais tampouco.”
“Faigo un chamamento a toda a clase traballadora de todos os sectores e sindicatos, así como aos autónomos para que participen nesta manifestación convocada por UXT, e moi especialmente as aboas, nais, abos e país que literalmente se xugaron o tipo en defensa dá obtención dos dereitos actuais, e que incriblemente agora calan a cambio de que as suas fillas, fillos, netas e netos teñan un contrato laboral precario de dous ou tres meses ao ano por 730 €. Entendo que moitos están xa cansos de pelexar e,en certo modo desanimados, pero hoxe e mais necesario que nunca que sigan pelexando para que todo ou seu esforzo non quede en nada, para que os seus teñan un futuro digno.”
“Por outro lado solicitamos comprensión e absoluto respeto, como sempre foron as manifestacions dous distintos sindicatos na mariña, por parte dous manifestantes aos traballadores de Sargadelos que son libres de pensar e actuar como queiran. Tamén haberaos que pensen como Segismundo e teñen todo o dereito a defender a sua forma de pensar e actuar en consecuencia. Pero do mesmo xeito os que estamos de acordo en defender a falta de libertade e dignidade sindical temos o dereito e a obriga a manifestarnos na sua procura.”

Exit mobile version