Lugo, 7 de novembro de 2018. A Deputación promove con 3.000 euros unha nova edición do Curso de adestramento de cans de pastoreo. Está dirixido a un total de 20 participantes e celebrarase en Lourenzá en dúas xornadas, os días 10 e 11 de novembro. Esta actividade, na que xa tomaron parte máis de 400 gandeiros de toda Galicia nas últimas convocatorias, ofrecerá formación de marcado carácter práctico sobre as técnicas claves de adestramento para labores de pastoreo de rebaños con cans de raza border collie, ou calquera outra raza, sempre que sexan cans de pastoreo.
O curso desta fin de semana conta con 20 prazas disponibles, 10 para cada un dos días. Desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 horas, ata 19:00 horas. Constará dunha parte teórica e outra práctica e personalizada, en función dos coñecementos do can e da súa soltura no pastoreo.
As persoas interesadas deberán facer a súa reserva no teléfono 627473504, e abonar un importe de 50 euros para a súa asistencia ao curso. O encargado de impartir as sesión será Alejandro Ibarra Artús.