Compostela 22-11-18. A reunión do Consello Federal da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), tivo lugar este mércores na sede do organismo en Santiago de Compostela, tal e como informou o rexedor de Cervo e Vicepresidente Primeiro da entidade, Alfonso Villares.
Na reunión -precisou Villares- “aprobouse a Conta Xeral da Fegamp, que mobilizou algo máis de 5.000.000 de euros; e desde a Xunta de Voceiros tamén informamos aos alcaldes e alcaldesas presentes sobre os asuntos abordados nos últimos meses coas diferentes administracións e respondemos todas aquelas cuestións que se nos plantexaron e que son de interese para o municipalismo”.
O Consello Federal da Fegamp está integrado por 55 membros, elixidos entre os socios titulares (os 313 concellos galegos e as 4 deputacións provinciais) pola Asemblea Xeral.