Cervo, 20 de novembro de 2018. O vindeiro 23 de novembro, no Salón de Plenos do Concello de Cervo, terá lugar ás 20.00H a conferencia sobre os primeiros poboadores da Mariña. O relatorio correrá a cargo do arqueólogo e Director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, Eduardo Ramil Rego. Esta conferencia enmárcase dentro das actividades programadas pola asociación cultural Fervenza de Sargadelos e Mariña Patrimonio con motivo da exposición de útiles líticos do paleolítico, respondendo á convocatoria realizada pola Rede do Patrimonio Cultural. Esta exposición permanecerá aberta ata o día 30 de novembro e pódese visitar na Casa do Concello de Cervo. Tanto a conferencia coma a exposición, así como a organización das actividades para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio, contaron co apoio e a colaboración do Concello de Cervo, da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba e do Museo Arqueolóxico de Vilalba.