Viveiro, 20 de Novembro de 2018. En relación cos sucesos acaecidos na tarde noite do domingo e madrugada do luns, inundacións do rio Xunquiera, morte da nosa veciña e socia Amparo e a situación na que está actualmente o couce do rio, queremos clarificar a nosa postura e reclamacións o respeto.
Con relación as declaracións “dalguns políticos”, os medios de comunicación, botando balóns fora e decindo que a limpieza do río, non era a culpable do sucedido achacando soio a razóns meteorolóxicas, esta afirmación non é certa é solo unha disculpa de mal pagador.
Porque tódolos anos se remite unha carta a Medioambiente a Augas de Galicia e o Concello de viveiro, pedindo unha limpieza do río antes dos temporales do outono, advertindo o mismo tempo das consecuencias, para os veciños de non facelo, atranco nas pontes e inundacións, que suceden todolos anos pero non tan graves como esta, a última foi a principios de decembro do ano pasado.
A tan só uns centos de metros, mais arriba do río, vese claramente que houbo un atranco de arbores e un almacenamento considerable de auga que o romper ocasionu unha vaga de auga, que rompeu muros, cierras, garaxes, a presa do río da curtiduria do seculo XVII e todo iso achaiou a parte baixa do río no barrio vello en Xunqueira.
A auga por elo desplazouse a rúa paralela arrasando vehículos dun garaxe e de aparcamentos que tamén foron un obstáculo a salida das augas desbordadas, que imposibilitaron que algunas familias non puideran salir da sua casa ata as 10 da maña do luns.
Na situación actual, do río Xunqueira, entre a ponte da carretera e a ponte medieval, está só a 20 cm de desbordarse, cara a rúa colindante e anegar as casas que están máis baixas que a rúa.
Se os pronósticos metereoloxicos se cumplen, volveríamos a ter outro problema, por eso PEDIMOS a Augas de Galicia organismo responsable, que draguen de forma urxente o río nesa zona e que desatranque o cauce de árbores caidos na parte superior.
Queremos agradecer o comportamento do Concello de Viveiro, bombeiros, protección civil, policía, e a todos aqueles organismos que axudaron aos veciños durante o día de onte e de hoxe.
Tamen os noso agradecementos aos políticos e os medios de comunicación, que tratamos de atender da mellor forma posible.
Queremos dar o pésame aos fillos e familiares de Amparo, esperando que non volva a pasar nada parecido, e lembrando que era una persona moi apreciada e querida en todo o barrio.
E por ultimo agradecer aos vecinos que a pesar do sucedido, afrontaron a desgraza e axudaron limpando e arranxando na medida do posible as desfeitas sucedidas.
Tamén queremos recordar que o Concello de viveiro ten unha oficina de reclamacions que estará aberta durante un mes, e aconsellamos aos socios e veciños que faigan efectivas as suas reclamacións o antes posible
A Asociacion fará as reclamacions oportunas ante o Concello e Augas de Galicia, da forma máis inminente posible.
Xunta directiva da Asociación de Veciños de Valdeflores