Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela solicita do Concello que proceda a potenciar o nadal

Burela 20-11-18. Este equipo de goberno, ven xestionando o alumeado de nadal e actividades de forma nefasta dende 2015: retrasos, posta en funcionamento tarde, luces precarias e de pouco gusto. Unha situación que pon en risco a capacidade competitiva do comercio e da hostaleira local e que non atrae visitantes á nosa Vila.
O Nadal en xeral hoxe é unha data de desfrute en familia, que cada ano aumenta as actividades a fines de semana anteriores, sendo o alumeado o fito que marca o inicio do que sempre é a mellor data para o noso comercio. Non chega coas campañas da propia ACIA, é preciso que o concello faga un esforzo, adiantando a xestión das luces e das actividades.
Vimos observando en Burela moitas queixas na redes sociais cada Nadal, que parecen non importar ó Sr. Llano moi preocupado na xestión da mancomunidade máis que de Burela. Vemos con tristura que Burela está nun segundo plano na Comarca non podendo competir con vilas como Viveiro, Ribadeo ou Foz, que si resposta a unha dinamización do Nadal. Colaborando os axente implicados.
Ribadeo coa pista de xeo e Viveiro co seu Nacemento xigante e ambientación están a anos luz da xestión do PSOE de Burela, aumentando as visitas ás súas vilas e o movemento no comercio local.

Polo que dende CxG propoñemos as seguintes medidas:

1. Que a xestión pública do alumeado estea operativa o día 1 de decembro, que inclúa toda Burela
2. Que por parte do concello se dinamice con actuacións de Nadal as rúas de Burela.
3. Que se cree un Paseo de Nadal no parque Rosalía de Castro para desfrute dos máis pequenos.

Exit mobile version