Burela 15-11-18. Rematando practicamente o actual mandato municipal, dende Compromiso por Galicia Burela cualificamos a xestión do PSOE como nula nos campos de promoción de emprego e tamén nos de alcance patrimonial do Concello.
Mais aló de subvencións de contratos temporais, na maioría doutras administracións, o Sr. Llano non fixo ren, para a política activa de emprego, nin para aumentar o patrimonio do Concello.
Dende CxG Burela vimos reclamando políticas que xeren emprego na nosa vila, mais o PSOE non parece ter maior prioridade que a de enfrontarse cos veciños polo pintado das rúas, tamén para saír en redes sociais ó non sabe escribir STOP. Por iso dende CxG en Colaboración co Deputado Jordi Xuclá interpelaremos ó ministro de fomento para saber a posibilidade seguinte:
Pode ADIF, ceder ó Concello de Burela os terreos da súa propiedade lindantes á estación do Tren?
Pode RENFE ceder ó Concello de Burela, tres vagóns de tren en desuso?
Compromiso por Galicia de Burela , considera prioritario que eses terreos sexan de uso municipal, para a creación dunha zona de ocio na parte superior e na parte inferior dunha posible zona comercial e de aparcamentos. De este xeito conseguiríase modificar e humanizar unha zona céntrica de Burela.
Do mesmo xeito pedimos información sobre a cesión de vagóns, para transformalos en unha incubadora de empresas e situalos na vía morta da estación, transformando a rúa da estación nun novidoso centro de negocios e asentando en burela posibles empresas de servizos e turismo.
Levamos catro anos perdidos no avance como pobo, sen máis xestión que administrar o que Burela ten, e nin esa. Compren medidas novidosas que aproveiten o potencial da nosa Vila, a estación é unha gran obviada dos gobernos de PP e PSOE mailo seu potencial. En maio CxG cambira isto, por iso xa damos pasos agora.