Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela denuncia: mentras PP e PSOE se pasan a pelota quen paga a situación son os nenos e nenas

Burela 8-11-18. Dende a segregación de Cervo, o concello de Burela sofre unha constante e continuada perda de xestión política. Salvándose a xestión de Mon ó fronte tanto a acción do Sr. Barcia como a do Sr. LLano foron nefastas para a nosa Vila. A situación de abandono e descoidado dos bens públicos do Concello é a tónica xeral e agora tristemente manifestase no CEIP Virxe do Carme con graves deficiencias.
Diante de toda a demagoxia do señor Alcalde e do portavoz da oposición, o Sr. Barcia cómpre que a opinión pública coñeza que a situación de este centro deriva da falta de xestión de estes dous señores e a súa clara falta de funcións, neste senso CxG Burela remitirá un escrito á fiscalía de Mondoñedo para que valores posibles actos de neglixencia no relativo ó non cumprimento do regulado en no Decreto 374/1996, de 17 de outubro e na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 22 de Xullo de 1997 no capítulo III 6.1. Xa que a situación do centro non é devida a unha situación de catástrofe ou problema puntual senón que a un nulo mantemento, función do Concello.
Agora diante da situación de gravidade e sendo precisa unha actuación de mellora cómpre unha rápida actuación da Xunta de Galicia, para solucionar o problema.
Tocoulle por desgraza a este centro educativo, mais dende CxG Burela denunciamos hoxe que é una situación que afecta a varios inmobles do noso Concello os que se lle fai un nulo o ningún mantemento , diante da inacción e falta de xestión do equipo de goberno que se dedica a cambiar semáforos e asfaltados. A Casa da Xuventude é boa mostra da situación ou a cada vez máis deteriorada Casa da Cultura.

EXECUTIVA LOCAL DE CxG BURELA

Exit mobile version