45 traballadores do departamento de Precipitación de Alcoa acompañaron este venres a José Trasancos Chao na súa xubilación. O lugar elixido foi o restaurante do complexo das Sirenas. Nun momento tan emotivo estivo acompañado por algúns compañeiros da “vella garda”, como Facal, Melo ou Camba, que lembraron anécdotas e vivencias compartidas nos últimos 40 anos. “Manín” é una persoa moi apreciada polo seu carácter e a súa predisposición en axuda de calquera compañeiro que o demandase. Tivo palabras de agradecemento para todos os presentes na entrega de agasallos. O seu agarimo polos animais, fará que o seu tempo vaia a dedicalo ao coidado das súas cabras e vacas e tamén a camiñar coa súa familia.
Comida homenaxe a José Trasancos Chao “Manín”
Comida homenaxe a José Trasancos Chao “Manín”
Relacionado
-
Traballadores de Alcoa cortan a A-8 na ponte dos Santos
-
O Museo Provincial de Lugo acolleu este venres a presentación do libro “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC)
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo