Site icon Crónica3.com A Mariña

Coa creación dun mural, coa lectura dun manifesto e cun minuto de silencio. Así se celebrou este venres en Barreiros o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Barreiros, 17 de novembro de 2018. O Concello de Barreiros organizou varios actos con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.
As actividades, programadas polo departamento de Servizos Sociais, celebráronse hoxe na praza das vivendas sociais de San Cosme. O programa deu comezo ás 10:30 horas coa creación dun mural contra a violencia de xénero. E ás 12:00 horas deuse lectura a un manifesto e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista.
Ademais o vindeiro luns, 26 de novembro, farase entrega dos premios do IV Certame de Debuxo “Di Non á Violencia”. O acto terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas. Participan o CEIP San Cosme de Barreiros e o CEIP San Miguel de Reinante.

Exit mobile version