Site icon Crónica3.com A Mariña

Cincuenta e cinco veciños da Mariña e do Occidente asturiano, concretamente dos municipios de Ribadeo, Barreiros, Foz, O Valadouro, Vegadeo e Castropol, participaron nunha excursión a Astorga celebrada este pasado domingo

A actividade foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado. Os participantes na excursión visitaron Astorga pola mañá, despois desprazáronse ata Castrillo de los Polvazares, onde comeron o típico cocido maragato e fixeron un percorrido pola localidade, antes de iniciar a viaxe de regreso.

Exit mobile version