A actividade foi organizada pola axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado. Os participantes na excursión visitaron Astorga pola mañá, despois desprazáronse ata Castrillo de los Polvazares, onde comeron o típico cocido maragato e fixeron un percorrido pola localidade, antes de iniciar a viaxe de regreso.