Site icon Crónica3.com A Mariña

“Chuzos de punta” en O Courel para Pasada das Cabras

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Burela 11-11-18. De auténtico “día de cans” pódese cualificar a xornada de sendeirismo vivida polos 53 camiñantes de Pasada dás Cabras, que o pasado sábado se desprazaron a O Courel, para realizar a ruta desde o Alto do Couto ata o miradoiro de Pico Polín, dentro da Devesa dá Rogueira. Cunha choiva despiadada, con refachos de vento moi forte e co carreiro totalmente asolagado, todo o grupo foi capaz de percorrer os 9 kms. de que consta a ruta.
A Devesa da Rogueira está considerada como “o último bosque galego” e é a xoia ecolóxica da serra, con 3 kms cadrados de bosque primario e unha impresionante diversidade arbórea. A fauna non desmerece a flora. Os regatos que baixan formando fervenzas acollen especies endémicas no norte peninsular como o tritón ibérico ou a ra patilarga. A devesa protexe corzos, martas, denociñas, turóns, garduñas, gatos monteses e liróns.

Un autentico día de sendeirismo, supervivencia e aventura.

Exit mobile version