O pasado xoves día oito a Asociación Española Contra o Cancro desde a súa delegación local de Foz iniciou o ciclo de charlas médicas que organiza, dende fai anos, o Concello de Foz. Por primeira vez a nosa psicóloga Carmen Rubiños López participa nestas xornadas que o noso entender forman parte desa información que todos precisamos para iniciarnos no camiño da prevención, non solo do cancro, se non de moitas enfermidades.
Anticiparse, mediante o consello dos profesionais, as diferentes situacións físicas e psíquicas que nos podemos encontrar diante dun empeoramento da nosa saúde é un avance importantísimo chegado o momento de unha enfermidade e ademais é o mais aconsellable que debemos facer.
Pero no noso caso, a situación de ese primeiro impacto e os seus efectos tanto familiares como sociais, ante o diagnóstico do cancro é extraordinariamente necesario estar ben informado, por elo, quixemos participar nestas xornadas basicamente cheas de información e entendemos que a nosa mellor axuda era que a Asociación Española Contra o Cancro aportase, a esta primeira charla coloquio a psicóloga para A Mariña que desde a sede de Burela atende de maneira gratuíta a os enfermos de cancro e os seus familiares que o solicitan.
Hoxe na delegación local de Foz da AECC estamos satisfeitos de haber colaborado nestas charlas que organiza e patrocina o Concello de Foz e a vez agradecidos de que nos permitiran aportar o noso grao de area para informar e axudar no camiño da prevención os nosos veciños.
E como sempre pedimos a todos que participen nas seguintes charlas, porque merece a pena informarse da mao dos profesionais do Hospital Público de A Mariña xa que por o noso ben debemos entender que previr tamén e avanzar na curación.
José Ramón Couto Dorado
Delegación Local de Foz da AECC