Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrada unha reunión convocada pola Alcaldía, coa presenza de Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, técnicos municipais e os voceiros dos grupos políticos, para realizar unha primeira valoración dos danos producidos pola tromba de auga que esta noite inundou Viveiro

Viveiro 19-11-18. A primeira hora da mañá celebrouse a reunión convocada pola Alcaldía, coa presenza de Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, técnicos municipais e os voceiros dos grupos políticos, para realizar unha primeira valoración dos danos producidos pola tromba de auga que esta noite inundou a cidade.

Entre as medidas adoptadas, acordouse crear unha oficina de atención ao cidadán para facilitar as xestións e tramitación das axudas estatais aos afectados (segundo o establecido no Real Decreto 307/2005, de 18 de marzo, polo que se regulan as subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou de natureza catastrófica, e se establece o procedemento para a súa concesión), co fin de evitar o seu desprazamento á Subdelegación do Goberno en Lugo. Infórmase que o prazo para a solicitude destas axudas é de un mes a contar dende o día de hoxe. Estas axudas son totalmente independentes das que cada particular poida tramitar co seu seguro. O tel é o 982562968.

Esta unidade de atención aos cidadáns permanecerá aberta, en horario de oficina, durante o prazo de un mes; ademais, no día de hoxe, esta oficina permanecerá aberta de forma ininterrumpida, ata as 20:00 horas. Esta oficina está situada na 2ª planta da casa do concello (oficina de rehabilitación do casco antigo de Viveiro) e nela facilitaranse os formularios que os interesados deben cubrir e informacións sobre a documentación a presentar.

Dende o concello solicítase aos afectados que comuniquen os danos producidos á maior brevidade posible para poder tramitar o expediente oportuno e que xunto coa solicitude se presenten, de ser posible, fotografías dos danos causados

Exit mobile version