Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrará os actos polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero o 23 deste mes. Os participantes crearán un mural e chapas e terá lugar a lectura dun manifesto

Barreiros, 17 de novembro de 2018. O Concello de Barreiros organiza unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o día 25 de novembro.
As actividades, programadas polo departamento de Servizos Sociais, celebraranse o vindeiro venres 23, de novembro, na praza das vivendas sociais de San Cosme. Se a climatoloxía non o permitise desenrolaríanse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O programa dará comezo ás 10:30 horas coa creación dun mural e chapas contra a violencia de xénero. Ás 12:00 horas darase lectura a un manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista.
Ademais o luns, 26 de novembro, farase entrega dos premios do IV Certame de Debuxo “Di Non á Violencia”. O acto terá lugar no centro sociocultural de San Cosme ás 19:00 horas. Participan o CEIP San Cosme de Barreiros e o CEIP San Miguel de Reinante.

Exit mobile version