Con esta actividade os rapaces aprenden que ás veces algo que ía rematar no lixo pode ter unha segunda vida, ademais desenvolven a súa creatividade e fan bricolaxe. No ratiño do recreo alumn@s de 5º e 6º de Primaria achéganse á aula de Gaia e aportan o seu gran de area a esta labor”. E dende Gaia engaden que “recuperar a madeira dos palets ten múltiples beneficios: aproveitamos os recursos naturais, evitamos xerar máis residuos e loitamos así contra o cambio climático. Este taller vainos levar varias semanas, xa que é un proceso laborioso, pero moi divertido, levamos dous días con el e aos rapaces encántalles”.