Site icon Crónica3.com A Mariña

Acto conmemorativo do día Internacional contra a Violencia de xénero de Mujeres En Igualdad Burela

Burela 27-11-18. Éxito na convocatoria da Asociación Mujeres En Igualdad Burela, no acto que tivo lugar no Salón de actos da Casa do Mar de Burela, onde se conmemorou o Día Contra a Violencia de Xénero.
O acto estivo presidido por Mary Fraga Fernández, presidenta de Mujeres En Igualdad e que xa sorprendeu de forma espontánea a asistentes e participantes, ao convidar a unha persoa, Adelina Fernández, que se atopaba entre o público como espectador, a ler o “Manifesto Institucional de Mujeres En Igualdad Contra a Violencia de Xénero”.
Posteriormente, Mary Fraga foi a encargada de presentar e moderar o foro/debate que levou a cabo despois da proxección dun vídeo, no cal, recolléronse diferentes opinións sobre desigualdade, e que abriu o tema de debate.
Nel participaron membros da Asociación de Xubilados do Mar e afíns “A Moncloa”, Asociación AVIVA, Jasone Lorenzo Bahamonde membro do Comité Executivo Nacional da Sección Nova de Mujeres En Igualdad, Sandra Casas Vila psicóloga de Mujeres En Igualdad Burela, ademais das numerosas persoas que se atopaban entre o público, e que tamén participaron de forma activa neste foro/debate, no que entre todos os participantes e asistentes sacaron como conclusión final, que a desigualdade existe e é principalmente detectada entre a mocidade, aínda cando, tamén existe unha notoria incidencia entre as xeracións de idade avanzada.
O broche final deste acto, protagonizouno Ana Fernández, que foi a encargada de darlle voz ao poema audio/ visual Contra a Violencia de Xénero, que espertou moitas emocións entre os moitos asistentes.

Exit mobile version