Ribadeo, 19 de novembro de 2018. Acisa fai un balance moi positivo da campaña de concienciación, realizada o pasado venres, sobre a importancia que o pequeno comercio ten para a vida dun pobo. Arredor dun 90% dos establecementos asociados en Ribadeo secundaron a campaña organizada pola FCAM e polas oito Acias/CCAs que a integran. Foron 150 os locais que participaron de todos os sectores: comercio, hostalería, servizos, oficinas…
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “esta campaña, ao marxe do obxectivo que perseguía, logrou unha cousa moi importante que é facer colectivo e dar sentido á palabra asociacionismo, algo que cada vez fai máis falla”.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Francisco Iriarte, indicou que “viuse como por primeira vez unha campaña organizada por Acisa foi secundada por establecementos non asociados. Agradecemos este feito, que ven demostrar que non era un capricho noso, senón unha demanda dos locais comerciais e hostaleiros de Ribadeo”. Iriarte destacou a implicación: “era impresionante pasar por calles como Reynante e outras e ver que os establecementos colgaron os carteis de OLLO, colocaron as esquelas distribuídas por Acisa, empapelaron os seus escaparates e apagaron as luces ás oito da tarde”. O presidente de Acisa engadiu: “sabemos que a campaña das esquelas non deixou indiferente a ninguén, que xerou moito debate social na rúa, nos bares e nas redes sociais, pero é positivo ver como a opción en defensa do pequeno comercio foi a maioritaria”.
Pérez dixo que “esta campaña buscaba remover conciencias e agardamos telo conseguido agora que se achegan citas como o Black Friday e o Nadal. Estamos convencidos de que haberá persoas que o pensarán unha ou dúas veces antes de facer click no ordenador ou no teléfono móbil e que optarán por comprar na tenda do amigo, do veciño ou do parente. Nas vindeiras semanas queremos ver as rúas de Ribadeo cheas de bolsas do comercio local e queremos que vaian a menos, a moito menos, as caixas de grandes plataformas de venda on line estranxeiras”.
A campaña de concienciación de Acisa tivo unha grande repercusión nas redes sociais. O vídeo, que foi colgado nas redes sociais o venres a primeira hora da mañá, chegou en 72 horas a máis de 30.000 persoas e foi visto completamente na páxina de facebook da asociación por 15.000 persoas, xerou 3.000 interaccións e foi compartido 300 veces.
O xerente de Acisa engadiu que “si ao vídeo lle sumamos o resto das novas vinculadas a esa campaña (artigo de opinión, etc) o impacto xerado a través das redes sociais ascende a máis de 40.000 persoas e 5.000 interaccións. Son cifras nunca vistas antes nunha campaña de Acisa realizada pola mesma vía”. E agradeceu que “os medios de comunicación involucráronse moito nesta campaña da FCAM e das asociacións que a integramos e iso é de agradecer. E iso fixo que as cifras que estamos a comentar sexan moito máis amplas, xa que tanto o vídeo como o artigo de opinión puidéronse ver e ler nos medios dixitais. Tamén agradecemos o apoio recibido desde diferentes colectivos como o de pensionistas de Ribadeo”.
O traballo de Acisa segue coa promoción este días da campaña Domingueo en Ribadeo e Ribadeo, o centro comercial coas mellores vistas sen esquecer o Black Friday, que da comezo este xoves, e a campaña de Nadal, que arrincará o 1 de decembro.