Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta cederá catro equipamentos de emerxencias á comarca da Mariña cun investimento de máis de 100.000 euros

A Mariña, 22 de novembro de 2018.- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, informou da orde de axudas resolta esta semana para a cesión de equipamento de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñen Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, dotará de dous todoterreos modelo pick-up aos concellos de Xove e Lourenzá e de cadanseu remolques aos concellos de Ribadeo e Viveiro, o que suporá un investimento global de 100.000 euros.

Os remolques están equipados con elementos como electrobomba somerxible, motobomba para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserra, rozadora manual, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización; polo seu tamaño, están pensados para poder circular por vías estreitas.

Exit mobile version