Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia a celebración do concerto de Santa Cecilia a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo

Ribadeo, 17 de novembro de 2018.- A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, apoia a celebración do tradicional concerto na honra de Santa Cecilia que organiza a Coral Polifónica de Ribadeo.

A administración autonómica achega 1.750 euros para a celebración deste evento que terá lugar hoxe sábado, 17 de novembro, a partir das 20.45 horas no Cine Teatro de Ribadeo e no que contarán coa presenza da xefa territorial da Consellería de Cultura, María José Gómez.

Nesta ocasión a coral invitada será o colectivo musical Ruada de Ourense fundado en 1918 e, polo tanto, que este ano celebra o seu cen aniversario.

Desde os seus primeiros anos de vida conseguiron éxito tras éxito en toda Galicia e incluso en América, recibindo numerosos e prestixiosos recoñecementos públicos e distincións, entre as que destaca a placa de ouro do Centro Galego de Bos Aires, a bandeira do Concello de Ourense, a Medalla de Ouro do Liceo Ourensano, a Medalla de Ouro da cidade de Ourense, entre outras, ademais de gravar nos seus discos e interpretado en auditorios de todo o mundo as cancións máis fermosas e populares da nosa música.

Un ano máis desde a Coral Polifónica de Ribadeo invitan a veciños e visitantes a disfrutar deste novo concerto coral

Exit mobile version