A subdelegada do Goberno remarcou “a valiosa iniciativa dos organizadores, que son dous motores esenciais para a economía de Celeiro, da Mariña e a provincia de Lugo, polo seu papel na dinamización do sector pesqueiro a nivel local, autonómico e nacional”. Neste sentido sinalou que “coa celebración deste Encontro seguen a dar proba do seuespíritu emprendedor,pois durante dous días conseguen converter Celeiro nun centro de debate e reflexión sobre diversos aspectos do sector pesqueiro, o que nos axudará a prepararnos mellor para afrontar o futuro dun sector que é vital para esta comarca”.
A subdelegada do Goberno lembrou a importancia que hoxeteñen tanto Celeiro como Burela, que son os dous portos máis importantes do Cantábrico, xunto ao de Pasaxes (Guipúzcoa), por volume de descarga de peixe fresco. Tamén indicou que “entre las lonxas galegas, as de Burela e Celeiro ocuparon os postos 4º e 5º por volumen de vendas en 2017, pero na clasificación polo valor da facturación soben aos postos 2º e 4º, respectivamente”. O ano pasado, subastaronse en Celeiro 16,7 toneladas de peixe e no que vai de 2018, ata o día 13 de novembro, subastáronse un total de 12,7 toneladas. Tocantes ás especies, a raíña indiscutible é a merluza do pincho, que representou o ano pasado o 88% da facturación total.
A pesca ten un gran peso na economía local e un importante impacto no emprego desta comarca e da provincia de Lugo, xa que a flota pesqueira que ten como porto base Celeiro e a lonxa dan traballo a case 1.200 traballadores.
“Todos estes datos reflicten claramente a vosa aportación á sustentabilidade social deste concello e da comarca. E queremos que o sector non perda importancia senón que vaia a máis. Por iso é importante prepararse para os retos do futuro”, salientou a subdelegada do Goberno, que remarcou feitos como o que “o groso da flota, 22 pincheiros foron certificados xa en abril de 2018 coa Certificación de Pesca Sostible “Friend of the Sea”, básicamente pola súa condición de arte de pesca selectiva e sustentable ambientalmente”.
A subdelegada do Goberno tamén puxo de manifesto a necesidade de estar preparados para os novos retos e incertezas que afronta o sector como son ¨o novo Regulamento de control de pesca da Unión Europea, o impacto que pode ter o Brexit no sector pesqueiro, a prohibición dos descartes, a proposta de TACs e cotas para o Atlántico e o mar do Norte ou o relevo xeneracional e a escaseza de tripulacións na flota pesqueira, son algúns deses asuntos claves para o futuro”.
Ao respecto salientou que “o Goberno é consciente de todos estesdesafíos e traballa para darllesunhasoluciónque resulte satisfactoria para todas as partes”. E detallou que:
no tema da eliminación de descartes, que estarán na axenda do Consello de Pesca de decembro en Bruxelas, España defenderá solucións estables para a flota.
sobre as TACs, o ministro tratou da proposta da Comisión Europea nunha recente xuntanza, que mantivo o día 12 co comisario europeo de Medio Ambiente, Pesca e Asuntos Marítimos. Como resultado, no Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da Unión Europea do luns pasado, 19 de novembro, acordouse suavizar a reducción dos TACs propostos pola Comisión Europea, para especies de gran importancia para España, como o ollomol do Golfo de Biscaia (unha reducción do TAC do 10% para o 2019 fronte ao 40% proposto e un 10% adicional para o 2020) ou a palometa bermella (10% de reducción do TAC). O obxecto é que a prohibición de descartes non afecte á competitividade da nosa flota. Entre os aspectos positivos da oferta de Bruxelas está o repunte do 28% plantexado para a merluza no Gran Sol, superior mesmo ás recomendacións dos científicos, aínda que nos preocupa unha posible reducción da cota de xarda e o ministro agarda que cambien as propostas de reduccións nesta e outras pesquerías.
en canto ao problema das tripulacións, está en preparación un decreto para atallar a falta de persoal titulado, logo de que o Ministerio pechara o día 14 de novembro o ciclo de consulta pública para a modificación do Real Decreto 36/2014, de 24 de xaneiro, polo que se regulan os títulos profesionais do sector pesqueiro.
“Nestas xornadas abordaranse con máis detalle todos estes asuntos, ao igual que outros que teñen gran incidencia como os referidos á nutrición, o consumo e as tecnoloxías para combatir as infeccións parasitarias, un asunto de moito interese pois a alarma xenerada polo parásito “anisakis” provocou un importante descenso no volume de vendas e no prezo de peixe fresco como a merluza, tan importante para este porto”, engadiu Isabel Rodríguez.
A subdelegada tamén se felicitou polo recoñecemento que se fará na xornada de mañá á figura da muller na pesca. “ É un recoñecemento que me satisfai especialmente, do sector pesqueiro de Celeiro a todas as mulleres polasúa contribución fundamental, case sempre na sombra, e que se traducirá na entrega das placas conmemorativas á Rede Española Mulleres de Pesca, na persoa de María del Mar Saez Torres, e á Asociación Mulleres Pesca, coa súa presidenta Rita Míguez de la Iglesia. Parabéns a todas polo seutraballo e moitasgrazas por demostrar que as mulleres tamén temos moito que dicir no mundo da pesca, do mar e o marisqueo. E aquí mesmo, en Celeiro, temos un exemplo do pulo das mulleres no sector, poisunhamuller de Viveiro, Arantxa Toriza, conseguiu este ano ser a primeira patroa nun pincheiro mariñao do Gran Sol, o Flecha”.
“A elas e a todos vós, profesionais do sector pesqueiro, o meurecoñecemento e gratitude polo vosoesforzo e sacrificio a prol da comunidade. Da dureza do voso traballo temos moitas probas, a máis recente esta mesma semana neste mar Cantábrico, cando naufragou o pesqueiro Hermanos Landrove”, concluíu a subdelegada do Goberno.